Festival Ortigueira
Escenario principal do Festival Ortigueira. © Xulio Villarino
Zona de acampada, no piñeiral de Morouzos.
Concertos a carón dos Xardíns do Malecón.
Concerto no escenario principal.
Desfile de bandas.
Ortigueira convírtese cada verán no corazón da Europa atlántica para acoller o
Festival Internacional do Mundo Celta. Declarada Festa de Interese Turístico Internacional, esta cita congrega na nosa Vila a milleiros de persoas chegadas dende Galicia, España e o estranxeiro.
Os mellores concertos de música de raíz, as actividades complementarias, a feira de artesanía, exposicións ou obradoiros tradicionais. Estes son só algúns dos ingredientes do Festival Ortigueira. Unha experiencia gratuíta que botou a andar en
1978.