Festas e feiras
Aspecto dos Cantóns durante as festas de Santa Marta.
Actuación de bandas diante do Concello.
Festas
A patroa do municipio,
Santa Marta, recibe a súa homenaxe entre os días 27 de xullo e 1 de agosto. Trátase duns festexos de marcado carácter popular. Procesións, desfiles de bandas de música e espectáculo coas mellores orquestras enchen de vida as rúas da Vila.
Cada unha das 22 parroquias do termo municipal ten os seus propios festexos patronais, que se desenvolven ao longo de todo o ano.
Feiras
Todos os xoves do ano ten lugar na explanada da Alameda -Santa Marta- un
mercado no que é posible adquirir diversos produtos, entre os que destacan os téxtiles e o calzado.
Xunto a este mercado de carácter xeral hai outros especializados como o de
gando cabalar e vacún en Senra, do 24 ao 26 de abril.