Como chegar

Principais accesos por estrada
Coche
A principal vía de comunicación é a estrada AC-862 de Ferrol a Foz e Ribadeo, que empalma en Neda coa antiga N-VI pola que se chega á Coruña, cun percorrido total de 99 Km. dende a capital de Ortigueira. A distancia ata Ferrol é de 53 Km. Desta estrada, que constitúe a principal arteria de comunicación da zona, saen cara á costa e ao interior outras vías polas que se accede ás diversas parroquias e aldeas do termo municipal.
Se desexas chegar por estrada ata o Concello podes calcular rotas alternativas e obter información adicional na
Guía Interactiva Campsa.
Autobús
A compañía Arriva une Ortigueira coas principais cidades de Galicia. Podes solicitar máis información sobre rotas e horarios nos teléfonos 981 239001 -estación da Coruña- e 981 311370 -estación de Ferrol-.
Tren
Renfe conta con liña de ferrocarril ata Ferrol. Dende alí é posible ligar coa liña férrea que chega a Xixón -
FEVE- e ten estación en Santa Marta, en Ponte de Mera e en Santa María de Mera, así como apeadoiros en Espasante e Loiba. Podes obter máis información sobre estes servizos no teléfono 981 370 401, de atención ao cliente as 24 horas do día.
Avión
Os aeroportos de Santiago de Compostela e Alvedro -na Coruña- están a 130 e 90 Km. de Ortigueira, respectivamente. As liñas aéreas
Spanair,
Air Europa e
Iberia ofrecen conexións diarias nacionais e internacionais. Podes informarte nas súas propias webs ou ben no portal de Aeroportos Españois e Navegación Aérea -
AENA-.