Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Museo Ortegalia

O Museo Ortegalia, dependente da fundación que leva o mesmo nome, ten como principal obxectivo a divulgación do patrimonio do Ortegal.

O museo permite realizar un percorrido ilustrativo a través da historia, prehistoria e protohistoria da comarca. Os fondos dispoñibles están principalmente relacionados coa arqueoloxía, sen deixar de lado o punto de vista do patrimonio natural e a actualidade da zona.

A exposición inclúe materiais atopados nas excavacións desenvolvidas pola Fundación Federico Maciñeira no contorno de Ortigueira. Estes compleméntanse con medios tecnolóxicos didácticos e interactivos.

Túmulo do 4400 a.C.

Túmulo do 4400 a.C.


De entre todos os elementos que se poden contemplar no museo cómpre salientar a cámara megalítica máis antiga de Galicia, que data do 4400 a.C.. Sobresaen ademais as reconstrucións virtuais de intervencións nos xacementos arqueolóxicos de Punta dos Prados e Forno dos Mouros.

Horario de visitas

Martes - Venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Sábados e domingos de 11:00 a 14:00.
Luns e festivos pechado.
Entrada gratuíta.
Teléf. 981 402 413

Pode interesarche





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA