Concello de Ortigueira

x

Castro de Chouso


A planta da coroa deste castro é de forma oval, cun estreitamento na parte central moi marcado dende o exterior. O recinto principal está defendido por unha muralla ao longo de todo o perímetro.

O castro de Chouso pertence á parroquia de San Xulián de Senra. Accédese a el dende a estrada de Mera Ortigueira desviándose en Senra por unha pista á dereita. Esta leva ata o lugar de Castro, onde hai que tomar por unha corredoira que discorre pola parte traseira das vivendas ata o recinto.