Concello de Ortigueira

x

A volta dos Castros


Este conxunto emprázase na ladeira dun monte, próximo á costa. Presenta un estado de conservación deficiente. Así, só se aprecian –con certa dificultade- os restos dunha muralla cara ao oeste do castro, así como outro pequeno treito da mesma en dirección ao sur. Está precedida polos restos dun foxo defensivo.

Pertence á parroquia de Santa María de San Claudio e é de doado acceso ao estar cortado pola estrada Ferrol – Ortigueira. Sitúase dous quilómetros despois de pasar Ponte Mera, nunha curva moi pechada coñecida precisamente como a volta dos castros ou tamén a praza de touros.