Concello de Ortigueira

x

Castro do Xestal


Este castro sitúase no cumio dun monte, cunha altitude de 79 metros sobre o nivel do mar. Posúe un único recinto circular con espolón no lado NE. Cara ao norte atópase o camiño de acceso, protexido por un antecastro defensivo.

Tanto a coroa como o antecastro presentan unha muralla pétrea defensiva. Este sistema de protección complétase cun foxo e un parapeto.

O Castro do Xestal pertence á parroquia de Santa María de San Claudio. Para acceder ao xacemento hai que coller a estrada de Mera Ortigueira ata San Claudio, onde se toma a pista que vai ao Xestal. Dende aquí un camiño lévanos directamente ao recinto despois de atravesar o lugar de Castro, hoxe abandoado. Este castro coñécese polos veciños do lugar polo topónimo Castelo dos Mouros.