Concello de Ortigueira

x

Castro de Punta Fornelos


O castro sitúase na parroquia de San Adrián de Veiga, a escasa distancia de Montoán. Accédese a el sen desviarse da pista San Adrián Fornelos.

Trátase dun emprazamento costeiro, cunha altitude de 10 metros sobre o nivel do mar. Orixinalmente tería forma oval. Estaba defendido por un profundo foxo e unha grande muralla en todo o perímetro agás polo este. Neste lado contaba coa protección dunha pronunciada ribada.

Na actualidade consérvanse o recinto e as defensas situadas á dereita da pista, en dirección ao litoral.