Concello de Ortigueira

x

Castro de Mera


Atopamos este conxunto no lugar de Castro, pertencente á parroquia de Santiago de Mera. Para chegar ao recinto hai que pasar a Ponte de Mera en dirección a Ortigueira e tomar o camiño que leva ata el.

O castro construiuse na ladeira do monte, próximo á liña da costa e cunha altitude de 26 metros sobre o nivel do mar. A súa tipoloxía responde ao modelo de planta oval. Existen indicios da existencia dun foxo e dun parapeto que rodearía a coroa.

Na actualidade este castro está absolutamente alterado.