Concello de Ortigueira

x

Castro de Porteiro


O conxunto consta dun pequeno recinto circular a coroa- rodeado dunha muralla de pedra cunha altura que varía entre os 2 e os 5 metros. Polos lados norte e este presenta unha terraza precedida dun desnivel máis ou menos acusado, dependendo da zona. Cara ao oeste esta terraza convírtese nun profundo foxo, precedido dun pequeno parapeto e doutro foxo.

Diante do segundo foxo apréciase un espazo tipo terraza en forma de media lúa. Antecédelle un terceiro foxo.

O lugar de Porteiro, que lle dá nome ao castro, pertence á parroquia de Santiago de Mera. Para chegar a el cómpre coller a estrada Ortigueira Ferrol. Xa en Mera tómase unha pista á dereita, en dirección ás casas de Cernada. O castro sitúase entre esas e as de Porteiro.