Concello de Ortigueira

x

Castro de Punta Mourama


Este conxunto correspóndese coa tipoloxía de castros costeiros. A súa situación, no extremo dun cantil de grande altura, garantíalle a protección de todo o lado norte do poboado. O resto do recinto está defendido por unha muralla precedida dun terraplén e un foxo estreito. Por un extremo deste foxo pasa o Camiño Real, procedente do lugar de Mourama.

O Castro de Punta Mourama pertence á parroquia de San Xulián de Loiba. Para chegar ata el hai que desviarse da estrada de Ortigueira Viveiro en dirección ao lugar de Vidueira. Neste punto tómase unha pista estreita que leva ata Mourama, onde se atopa o poboado.