Concello de Ortigueira

x

Castro do Viso


O Castro do Viso emprázase nunha chaira. A súa estrutura consta de dous recintos habitacionais: a coroa, que é circular, e un antecastro defensivo situado cara ao NO, dividido en dúas metades case iguais polo camiño de acceso á coroa. Os dos recintos están protexidos por un espectacular sistema defensivo, consistente nunha alta muralla de pedra e terra.

O conxunto pertence á parroquia de Céltigos. Accédese a el collendo a estrada Ortigueira Viveiro ata Viso, onde cómpre tomar unha pista á dereita.