Concello de Ortigueira

x

Castro de Devesos


O conxunto localízase nun couto que domina o lugar de Castro e dende o que se controla visualmente todo o contorno. Esta privilexiada situación dótao dunha defensa natural en todo o perímetro, ao dispoñer as vertentes dunha pendente moi pronunciada. Cara ao lado noroeste consérvase un parapeto, únida defensa artificial apreciable.

O Castro de Devesos pertence á parroquia de San Sebastián de Devesos. Para chegar ata el hai que tomar a estrada Ortigueira As Pontes. No quilómetro 13 cómpre desviarse cara á estrada do Barqueiro As Pontes. A un quilómetro deste cruce en dirección ao Barqueiro cóllese unha pista á esquerda que leva ata o lugar de Castro a través de Cadanedo.