Concello de Ortigueira

x

Castro de Montoán


Este xacemento emprázase nunha chaira próxima á liña da costa, elevada 20 metros sobre o nivel do mar. Conserva unha planta de forma circular 60 metros de diámetro- cunha defensa perimetral consistente nun desnivel sobre o contorno.

Trátase dun conxunto atípico dentro do conxunto dos castros de Ortegal, ao estar situado nunha chaira. Resulta peculiar ademais que non esté na liña de costa e que careza de grandes defensas naturais ou artificiais que o protexan.

Pertence á parroquia de San Adrián de Veiga. Accédese ao xacemento desviándose da pista de San Adrián Punta Fornelos en dirección a Montoán, ao chegar á antiga escola construída polos indianos.