Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Tempo de lecer


  • Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre

    A Biblioteca Municipal de Ortigueira ocupa un inmoble de luxo. O antigo escolar de Santa Marta, construído en 1909, vén de ser completamente rehabilitado e equipados coas últimas tecnoloxías da información.
  • A Biblioteca para nenos

    Se tes menos de catorce anos interésache esta información. A Biblioteca conta cun andar reservado para os teus libros e actividades. Descubre todas as cousas que podes facer nel, ademais de ler...
  • Arquivo

    O Arquivo Histórico de Ortigueira está emprazado nas renovadas dependencias do escolar de Santa Marta. Nas súas salas de lectura é posible consultar documentos de grande valor e antigüidade, relacionados co noso municipio. Os fondos dispoñibles remóntanse ao século XVI.
  • Fundación Ortegalia

    A Fundación Ortegalia traballa activamente pola recuperación, mantemento e promoción do patrimonio da nosa comarca. Ademais de promover estudios e actuacións xestiona o Museo, que atesoura moitos dos achádegos arqueolóxicos descubertos no municipio.
  • Teatro da Beneficencia

    O Teatro da Beneficencia foi construído no ano 1850 grazas á colaboración dos veciños do municipio. En 1992 foi sometido a un fondo proceso de rehabilitación, para adaptalo ás necesidades actuais. A música, o teatro ou a proxección de filmes figuran entre a súa programación.
  • Deportes

    Ortigueira dispón dunha moderna área deportiva na zona da Preguiza. A apertura deste complexo a finais do 2006 contribuíu a ampliar a oferta do concello nesta materia. O municipio dispón das mellores infraestructuras para desenvolver actividades ao gusto de todos.
  • Programa infantil de lecer

    O Concello traballa activamente na programación de actividades que conformen unha completa oferta para o tempo de lecer dos seus habitantes. Destacan entre elas as iniciativas destinadas aos rapaces do municipio.
  • Turismo

    O Concello promove diversos plans destinados a difundir e poñer en valor o patrimonio ortegán. Entre eles figuran proxectos de sinalización de rotas ou programas de visitas guiadas, camiñadas e traxectos pola Ría.


© CONCELLO DE ORTIGUEIRA