Protección Civil e o GRUMIR realizan tarefas relacionadas con actuacións de emerxencia no termo municipal de Ortigueira. As agrupacións pestan os seus servizos durante as 24 horas do día.
De cara a velar pola seguridade das persoas que se achegan ás nosas praias nos meses de verán, o Concello dispón do seu propio servizo de Salvamento e Socorrismo.
A Policía Local de Ortigueira desenvolve diversas funcións relacionadas principalmente co tráfico, a circulación e a concesión de licencias no termo municipal.