Este departamento xestiona diversas actuacións relacionadas co urbanismo e o desenvolvemento de obras no termo municipal. Os seus responsables encárganse da asesoría ao cidadán, tramitación de solicitudes e axudas, entre outros aspectos.
Os servizos técnicos do Concello traballan actualmente na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ortigueira. Trátase dun documento necesario, que contribuirá a un maior ordenamento e aproveitamento dos recursos dispoñibles.
Un dos principais obxectivos do Concello pasa por promover o acceso ao emprego dos seus habitantes. Para iso desenvólvense diversas iniciativas, como cursos ou escolas obradoiros. O departamento xestiona a Bolsa Local de Emprego e presta servizos de asesoría.
En febreiro de 2004 inaugurouse oficialmente o Polígono Industrial de Cuíña. Nesta área habilitáronse cento once parcelas para uso industrial e comercial, con prezos que oscilan entre os 54 e os 60 euros por metro cadrado.