O Concello dispón de cinco centros de ensino público nos que se imparten estudos ordinarios de Ensino Infantil, Primario, Secundario e Bacharel. No IES de Ortigueira desenvólvense varios programas de Garantía Social e Ciclos Formativos.
A Escola de Música de Ortigueira comezou a súa andaina no ano 2000. Dende entón vén formando nas ensinanzas musicais a alumnos con idades superiores aos catro anos. O centro organiza cada ano o Ciclo de Novos Intérpretes.
Na aula municipal de informática impártense anualmente diferentes cursos relacionados co eido das novas tecnoloxías. Poden inscribirse neles as persoas interesadas, sen límite de idade.
Os centros sociais de Ortigueira e Espasante acollen cada quince días sesións do programa Preescolar na casa. Esta iniciativa está especialmente destinada ás familias con nenos entre 0 e 6 anos.