Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Instalacións deportivas

O Concello de Ortigueira puxo ao día no 2006 a súa oferta nesta materia, grazas ao remate das obras da Área deportiva da Preguiza, e a súa posterior posta en funcionamento. As novas instalacións- máis integradas que o anterior pavillón no medio costeiro no que se asentan- inclúen ademáis dunha piscina climatizada, sala de musculación, zona de cardiovascular e saunas. Dispoñen asemade dunha cafetería - mirador sobre a Ría.

A empresa especializada Oxem Sports xestiona todos estes servizos, así como as outras infrestructuras deportivas que existen na zona: dúas pistas de pádel, pista de fútbol 5 e unhas pistas de patinaxe, que son únicas en Galicia.

Polideportivo do CEIP de Ortigueira

Consta de pista polideportiva de cemento pulido. É empregada polos alumnos do colexio en horario lectivo. Durante o resto da xornada acolle as diferentes actividades de carácter municipal. Foi inaugurado no ano 1999.

Campos de fútbol

O municipio dispón de varios campos de fútbol situados en:
  • San Adrián
  • Loiba
  • San Claudio
  • Morouzos: O campo de fútbol municipal de Morouzos acolle os partidos das ligas federadas de fútbol.

Pistas polideportivas parroquiais

A práctica totalidade das pistas polideportivas parroquiais están equipadas para a práctica do fútbol sala, baloncesto, balonmán e tenis. Sitúanse en:
  • San Adrián
  • Santiago de Mera
  • San Claudio
  • Cuíña. Non dispón de equipamento para a práctica de tenis.
  • Ortigueira - A Preguiza
  • Barbos. Non dispón de equipamento para a práctica de tenis.
  • Espasante
  • Loiba
  • Devesos
  • Couzadoiro. Non está equipada para a práctica de tenis.
  • O Viso. Non dispón de equipamento para a práctica de tenis.
  • Senra




© CONCELLO DE ORTIGUEIRA