Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Programa de actividades deportivas

No curso 2011- 2012 o concello oferta, entre os meses de outubro e maio, diversas escolas deportivas orientadas, segundo a especialidade, a rapaces de entre 4 e 17 anos. As propostas que se desenvolven no polideportivo do CEIP José María Lage son as seguintes:

  • Multideporte.
  • Escolas de tenis.
  • Escolas de ximnasia rítmica.
  • Escolas de fútbol salal.
  • Escolas de patinaxe.

Ao marxe destas propostas deportivas, o Concello de Ortigueira activa durante o periodo lectivo "Tardes de lecer", un programa de lecer con actividades de corte lúdico e educativo para rapaces de infantil e primaria.

Finalmente, Oxem Sports oferta unha completa lista de cursos na Área deportiva de A Preguiza para o conxunto da poboación.

Campamentos de verán

Desenvólvense anualmente entre os meses de xullo e setembro, e teñen por finalidade a cobertura das necesidades lúdicas e deportivas dos máis pequenos da casa durante a etapa vacacional.




© CONCELLO DE ORTIGUEIRA