Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Para os máis pequenos

Se tes menos de cinco anos os teus libros están organizados dun xeito diferente. Agrúpanse en bloques temáticos identificados por unha pegatina na súa cuberta. Son iguais ca estas:


pegatinaPara ler en compaña Historias que deben de ser guiadas por un adulto e amosan a maxia das situacións e dos personaxes.
pegatina O mundo que me rodea Libros para asomarse ao mundo e coñecelo de preto. Recomendados para os máis curiosos, tamén convidan a falar.
pegatina Libros con música Poemas, cancións, rimas, contos acumulativos ou repeticións que lles descobren aos pequenos a sonoridade da linguaxe.
pegatina Para ler ti só As mellores historias para explorar, descubrir e relacionarse de forma persoal cos contos.
pegatina Libros con sorpresa Troquelados, lingüetas, texturas e sons ensinan as posibilidades do xogo nos contos.





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA