Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Empréstamo a domicilio

Condicións

  • Os usuarios poderán retirar á vez ou reter en empréstamos sucesivos ata 3 libros e 2 materiais especiais –DVD, CD, CD-Rom, etc.-.
  • O período de empréstamo é de 15 días para os libros e 7 para os materiais especiais.
  • O empréstamo pode ser renovado por un período idéntico –15 ou 7 días segundo os casos-. A renovación poderá realizarse por teléfono.
  • O retraso na devolución suporá unha sanción.

Hai determinados libros que non se emprestan, como enciclopedias ou diccionarios -consultar artículo 11 do Regulamento-. Estes están sinalizados cun círculo vermello na parte superior do seu lombo.

Empréstamo interbibliotecario

É aquel que se realiza con outras bibliotecas para que os lectores podan dispoñer de obras que non se atopan entre os fondos da Biblioteca Juan Fernández Latorre.
Como se fai
- O lector pode solicitar obras non existentes nos fondos da Biblioteca.
- A Biblioteca encargarase de localizar a obra noutro arquivo e de pedila.
Condicións do empréstamo
- Os posibles gastos correrán por conta do usuario.
- A lectura destas obras debe realizarse na Biblioteca. Non poden ser obxecto de empréstamo a domicilio.

Reserva

A Biblioteca conta cun servizo de reserva de materiais para o empréstamo. Cando un usuario solicita un libro que está emprestado a outro lector, pode pasar a formar parte dunha lista de espera, se así o desexa.

O persoal da Biblioteca avisaráo no momento da devolución para que pase a retiralo nun prazo máximo de tres días. Poden reservarse ata un máximo de dous libros ou materiais especiais.





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA