Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Consulta en sala

Todos os usuarios teñen acceso libre e gratuíto ás dependencias da Biblioteca. Para realizar unha consulta en sala cómpre ter en conta:
  • A Biblioteca é de libre acceso. Por este motivo, os usuarios poden coller directamente das estanterías a maioría dos fondos dispoñibles. Os fondos que estén no Depósito deben ser solicitados ao persoal da Biblioteca.
  • O fondo bibliográfico está ordeado seguindo unha clasificación por materias ou CDU -Clasificación Decimal Universal-. A cada materia correspóndelle un número que forma parte da signatura dos volumes.
  • Todos os materiais da Biblioteca teñen no seu lombo ou parte frontal -dependendo da súa colocación en estantes ou caixóns- unha etiqueta na que figura impresa a súa signatura. As distintas signaturas, ordenadas consecutivamente, determinan a colocación dos volumes na Biblioteca.
A devandita signatura está formada por tres liñas:

1. Na primeira liña figura unha relación de un ou máis números seguindo a orde xerárquica que establece a CDU.

2. Na segunda liña figuran tres letras maiúsculas. Correspóndense coas tres primeiras letras do apelido do autor da obra.

3. Na terceira liña figuran tres letras minúsculas. Correspóndense coas tres primeiras letras do título da obra.

Exemplo:

641
CUN
coc
641 = Cociña
Cunqueiro, Álvaro
Cociña galega
As obras de creación literaria teñen unha clasificación especial. A súa etiqueta vai encabezada por un N de narrativa, un P de poesía, un T de teatro ou un O de outros xéneros.

Exemplo:

N
CEL
fam
Narrativa
Cela, Camilo José
Familia de Pascual Duarte, La
Os fondos que pertencen a unha sección especial levan na primeira liña da súa etiqueta as letras que a identifican.

Exemplo:

S.L. 785
LOB
fes
Sección Local. Música
Lobato, Xurxo
Festival Ortigueira

Estas seccións especiais son:
S.L.: Sección Local
S.I.: Sección Infantil
H : Hemeroteca
DEP: Depósito
No caso dos materiais especiais, aplícanse as etiquetas DVD, CD-Rom e CD.

Resume da CDU

0Xeralidades
00Ciencia e cultura
004Informática
01Bibliografías. Catálogos
02Biblioteconomía. Documentación
030Enciclopedias xerais
06Entidades.Congresos. Museos
070Xornalismo. Prensa
08Poligrafías. Obras colectivas
09Manuscritos. Libros notables
1Filosofía
11Metafísica
128Esencia da vida e da morte
14Filosofía
141.72Feminismo
159.9Psicoloxía
16Lóxica
17Moral. Ética
2Relixión
21Teoloxía natural
22A Biblia
23Teoloxía dogmática
24Teoloxía práctica
26Igrexa cristiá
27Historia da Igrexa cristiá
28Igrexias cristiás
29Mitoloxía
3Ciencias sociais
30Sociografía
31Demografía. Socioloxía
32Política
33Economía
34Dereito
35Administración pública
36Servizos Sociais
37Educación. Pedagoxía
379Ocio. Tempo libre
39Etnoloxía. Folclore
5Ciencias naturais
502Conservación da natureza
504Ciencias do medio ambiente
51Matemáticas
52Astronomía. Universo
53Física. Enerxía
54Química. Mineraloxía
55Xeoloxía. Meteoroloxía
56Paleontoloxía
57Ciencias naturais
58Botánica
59Zooloxía
6Ciencias aplicadas
61Medicina
619Veterinaria
62Enxeñería
630Silvicultura
631Agricultura
633Plantas medicinais
634Horticultura
635Xardinería. Hortalizas
636Animais domésticos
637Lácteos
638Cría de insectos
639.1Caza
639.2Pesca
639.3Cría de peixes
639.4Cultivo de moluscos
640Hostelería e restauración
641Cociña
642Servizo de mesa
643Fogar. Vivenda
646Necesidades persoais. Goberno da casa
65Organización de empresas. Comercio
66Industrias químicas e afíns
67Manufacturas
68Artes e oficios
69Construción
7Belas artes. Deportes
7Arte en xeral
71Ordenación do territorio. Xardíns
72Arquitectura
73Escultura
737Numismática
74Debuxo e decoración
75Pintura
76Artes gráficas
77Fotografía
78Música
79Xogos. Deportes. Cine. Espectáculos
8Linguaxe e Lingüística
81Lingüística
82Literatura
9Xeografía. Biografías. Historia
902Arqueoloxía
903Prehistoria
904Restos culturais e históricos
908Estudos dunha localidade
910Viaxes. Descubrimentos
911Xeografía humana
912Atlas
913Guías de viaxe
929Biografía.Xenealoxía
929.6Heráldica
929.7Nobreza
930Ciencias auxiliares da historia
930.25Arquivos
94(100)Historia mundial
94(460)Historia de España
94(460.11)Historia de Galicia
94 ( )Historia de diferentes países





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA