Os Servizos Sociais municipais son un conxunto de programas, servizos, prestacións e accións orientadas a potenciar o
social.
O noso obxectivo principal pasa por acadar o devandito benestar mediante a prevención, a eliminación ou o tratamento das causas que impidan ou dificulten o pleno desenvolvemento das persoas e grupos de Ortigueira.
do Concello que desexen solicitar información sobre os recursos sociais, ou xestionar algunha prestación.
Ademais dos programas específicos, os Servicios Sociais ofrécenlles aos cidadáns que o precisen
Que podemos facer por ti?
Dende os Servizos Sociais xestionamos un amplo abano de
programas específicos de axuda para as persoas do municipio. Estes son algúns dos máis salientables:
Información, valoración e orientación
Traballamos activamente para facilitarlles aos cidadáns o coñecemento e acceso aos recursos sociais, para que poidan exercer os seus dereitos nun marco de
igualdade de oportunidades.
Axuda a domicilio - SAD

Esta prestación responde á necesidade dos cidadáns de dispoñer dunhas condicións que lles permitan desenvolver a súa autonomía persoal e social no seu
propio fogar. Deste xeito favorécese que as persoas podan residir comodamente no seu domicilio, grazas a axudas de carácter
persoal -hixiene, comida, aspectos sanitarios,...-, ou
doméstico -alimentación, limpeza da vivenda,...- entre outras. Dentro deste apartado figuran o Servizo de Teleasistencia, o Servizo de Camas Articuladas e o Servizo de Transporte Adaptado.
Aloxamento alternativo
O obxectivo principal deste programa pasa por conseguir que os cidadáns en situación de
necesidade -temporal ou permanente- conten cun
aloxamento digno e unha estrutura básica de relación. Neste eido ofrécense
alternativas como as familias acolledoras ou a residencia municipal, entre outras.
Prevención e inserción
O programa compila unha serie de actuacións destinadas a
previr a marxinación e as súas causas. Pretende asemade favorecer os procesos de participación e integración das persoas e colectivos do municipio. Con este obxectivo desenvólvense unha serie de prestacións específicas, como obradoiros ocupacionais, formación, viaxes sociocomunitarios ou campañas informativas.
Intervención familiar
Este programa pretende mellorar a calidade de vida no Concello, especialmente a das familias en situación ou risco de
exclusión social. Contémplanse os problemas socioeconómicos, situacións de desemprego de longa duración, suituacións de alcoholismo, familias monoparentais,... Dende os Servizos Sociais traballamos para detectar, corrixir e previr este tipo de situacións, promovendo a
integración das familias.
Accesibilidade e supresión de barreiras
O Concello traballa activamente para garantir que as persoas con mobilidade reducida -ou calquera outra limitación- podan
desenvolverse normalmente no contorno urbano, accedendo a edificios e medios de transporte. Neste eido promóvese a eliminación de barreiras arquitectónicas e de impedimentos para o
transporte, existindo un Servizo de Transporte Adaptado, tarxetas de estacionamento e accesibilidade para as persoas con minusvalías.
Para obter información sobre outro tipo de prestacións podes poñerte en contacto co Centro Social.Subir
Ortigueira Voluntaria
A agrupación Ortigueira Voluntaria púxose en marcha a finais de 2003. O seu principal obxectivo pasa por acadar o benestar do conxunto da cidadanía, mediante o desenvolvemento de actividades lúdicas e educativas.
Lévanse a cabo tarefas como o acompañamento de persoas maiores, a participación en actividades de lecer e terapéuticas ou a organización de obradoiros destinados a mellorar a saúde dos habitantes do municipio. Poden
colaborar coa agrupación todas as persoas
maiores de idade, sendo os xóvenes e os xubilados os principais destinatarios da iniciativa. Os interesados poden poñerse en contacto co departamento municipal de Servizos Sociais.
Subir