Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Igualdade

Recursos | Asesoría xurídica | Asistencia psicolóxica | Actividades | Violencia de xénero |

O Centro de Información á Muller -CIM- de Ortigueira é un servizo gratuíto, destinado a atender as demandas das mulleres do Concello, e máis das localidades veciñas de Cariño e Mañón. As súas dúbidas e consultas son tratadas de xeito personalizado e confidencial.

Poden acodir a el todas as mulleres da comarca, así como os membros da súa familia que queiran formular algún tipo de problemática.

O equipo humano deste servizo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e máis pola Secretaría Xeral de Igualdade da de la Vicepresidencia y Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, está conformado por unha asesora xurídica, unha psicóloga e máis un axente de dinamización. Ademais, conta co apoio dunha traballadora social e do programa de educación familiar.

As tarefas desenvolvidas dende o CIM de Ortigueira abranguen as seguintes áreas:

Recursos

O CIM ofrece información sobre os recursos dispoñibles na comarca de Ortegal en materia de prestacións, programas, xestións, cursos de formación, educación de adultos e orientación laboral e profesional.

Subir


Asesoría xurídica

O Centro de Información á Muller ofrece asesoramento xurídico en:

  • Dereitos de familia: separación, divorcio, pensións alimentarias, custodia de menores.
  • Dereito penal: denuncias, malos tratos, lesións, inxurias.
  • Dereito laboral: contratación, condicións de traballo, extinción de contrato, permisos, excedencia, discriminación e situacións que supoñan un atentado á dignidade da muller.
  • Traballo autónomo: subvencións, obrigas fiscais e Seguridade Social.
  • Trámites administrativos: acollemento familiar, xustiza gratuíta, solicitude de prestacións, recursos administrativos.

Subir


Asistencia psicolóxica

O persoal cualificado do CIM de Ortigueira ofrécelles ás mulleres da comarca asistencia psicolóxica de carácter gratuíto. As consultas xiran normalmente arredor dos seguintes aspectos:

  • Separación, divorcio, dificultades de parella.
  • Malos tratos, ameazas, agresións sexuais.
  • Dificultades emocionais, como ansiedade, depresión ou baixa autoestima.
  • Aspectos da evolución da muller relacionados coa menopausia ou o desenvolvemento da sexualidade.
  • Planificación familiar.
  • Educación sexual.
  • Interrupción do embarazo.
  • Trastornos alimenticios, trastornos da conduta, toxicomanías -alcolismo e drogodependencia- e trastornos obsesivo - compulsivos.

Subir


Actividades

O CIM de Ortigueira organiza periodicamente conferencias, exposicións e foros sobre temas de interese para as mulleres da comarca. Con estas actividades preténdese fomentar unha mellor participación sociocultural e unha promoción persoal, grazas á adquisición de novos coñecementos e do desenvolvemento de habilidades.

Subir


Violencia de xénero

O Concello, a través do CIM, presta durante todo o ano varios servizos destinados ás mulleres vítimas da violencia de xénero. Estes son:

  • Estudar a posibilidade de xestionarlles a estas mulleres e aos seus fillos un aloxamento inmediato, se se detecta que atravesan una situación de perigo.
  • Recadar a atención policial se existe risco para a seguridade e a integridade física da muller.
  • Informarlle á muller sobre a conveniencia de denunciar estes feitos perante o xulgado de garda ou a autoridade policial.
  • Poñer a disposición destas mulleres os recursos precisos para a corrección da situación de violencia. Para iso canalízanse as demandas sanitarias, xurídicas e sociais das mulleres vítimas de violencia en coordinación cos Servizos Sociais municipais, os centros de saúde, a autoridade xudicial e policial. Participan asemade no proceso as demais entidades implicadas na atención e protección destas mulleres.

Subir



Centro de Información á Muller C.I.M.
Enderezo: Centro de Servizos Sociais, Alameda, s/n.
Teléfono: 981 40 25 42/ 43
Email: contactar
Horario de atención ao público: Luns, martes e xoves de 9:00 a 14:00

Información relacionada

Axenda





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA