Programa infantil de lecer
Tardes de Lecer |
Reforzo do inglés |
Actividades de lecer na Fundación Ortegalia.
Actividades deportivas.
Sesión na Biblioteca Municipal.
A Concellaría de Participación Social e Educación promove
anualmente unha serie de actividades de lecer destinadas aos rapaces de entre 3 e 12 anos. A programación desenvólvese durante o
curso escolar, entre as 16 e as 19 horas, facilitando así aos pais e nais a conciliación de vida familiar e laboral, e ten como "base de operacións" o CEIP José Mª Lage.
O programa combina actividades
lúdicas -xogos, deportes, competicións,...- con propostas de
corte educativo, como a aprendizaxe de idiomas. Deste xeito ofréceselles aos nenos e nenas do Concello a posibilidade de gozar do seu tempo libre en colectividade, dentro de instalacións axeitadas para a práctica das diferentes actividades.
Entre os principais obxectivos da iniciativa destacan os de:
- Diversificar as actividades cotidianas dos nenos e das nenas.
- Entreter.
- Fomentar a capacidade creativa.
- Mellorar a capacidade expresiva.
- Provocar a participación en actividades de grupo.
- Facilitar a integración dos nenos con algún tipo de problemas.
- Reforzar a personalidade e a autoestima.
- Establecer relacións amistosas e solidarias cos demais.
- Inculcar hábitos de comportamento, hixiene e traballo necesarios para o seu desenvolvemento persoal.
- Favorecer o desenvolvemento físico mediante o exercicio.
- Axudar a superar as súas diferenzas na medida do posible.
- Desenvolver as súas habilidades manuais.
Tardes de Lecer
As actividades poden sufrir modificacións en cada nova edición do programa. Con todo, a oferta ten entre os seus
piares as propostas de carácter
educativo -xogos informáticos, animación á lectura, etc.- e
lúdico -xogos populares e teatro-.
Subir
Reforzo do inglés
A Concellería de Participación Social e Educación pon en marcha ademais en Ortigueira, Espasante, Mera e O Ermo un programa orientado a reforzar a formación en lingua inglesa que reciben diariamente nas aulas o alumnado dos centros educativos locais. Deste modo, pretende contribuir á mellora da competencia no uso, tanto oral como na escrita, deste idioma.
Subir