Fundación Ortegalia
Liñas de actuación |
O futuro |
Á esquerda, sede da Fundación.
Visita guiada no Museo Ortegalia.
A Fundación Ortegalia é unha organización sen ánimo de lucro, declarada de
interese cultural e
interese galego. Constituída en abril de 2000, ten por obxectivos principais a protección, recuperación e difusión do
patrimonio histórico, monumental e paisaxístico. Neste sentido desenvolve diversas accións encamiñadas á promoción da cultura en todos os seus aspectos e manifestacións.
A súa actividade céntrase actualmente no Proxecto Global Ortegalia, dedicado á posta en valor do patrimonio cultural do Ortegal. Este plan pretende artellar o territorio a través de itinerarios culturais, que funcionen como fíos condutores do conxunto. Estas rotas poñen de manifesto a existencia de lugares susceptibles de seren recuperados e conservados, atendendo ao seu valor paisaxístico, arqueolóxico, etnográfico ou arquitectónico.
As principais aspiracións de
Ortegalia pasan pola transformación do patrimonio cultural nun recurso que permita o progreso da comarca, abrindo novas oportunidades ás súas fontes económicas.
Liñas de actuación
Dentro deste plan global de actuación a Fundación Ortegalia vén executando unha serie de
proxectos e actividades que abranguen múltiples facetas. Destacan entre eles a rehabilitación de edificios históricos -actual sede do Museo Ortegalia-, realización de excavacións arqueolóxicas -xacemento castrexo de Punta dos Prados e necrópole de Forno dos Mouros-, cursos formativos ou catalogacións e publicacións. A Fundación Ortegalia colabora asemade con institucións de recoñecido prestixio investigador e tecnolóxico, como a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade Internacional Menéndez Pelayo ou o CSIC, entre outras.
As accións desenvolvidas pola Fundación poden resumirse en tres liñas xerais de actuación:
- Creación de infraestruturas culturais.
- Recuperación do patrimonio arqueolóxico.
- Labores de divulgación cultural.
Subir
O futuro
As previsións da Fundación Ortegalia pasan por un incremento significativo dos labores de
divulgación. Mentres tanto, a actividade manterase no que respecta a creación de infraestruturas culturais e recuperación do patrimonio.
No aspecto da difusión cultural está a xogar un importante papel o
Museo Ortegalia. As instalacións constitúen unha magnígica fiestra ao exterior, dende a que promocionar o patrimonio da comarca.
No tocante á investigación potenciaranse os temas de interese para a Fundación, que chegarán ao público xeral da man da serie monográfica
Ortegalia: Monografías de Arqueoloxía, Historia e Patrimonio.
A Fundación promoverá ademais, de cara ao futuro, novas
rotas de interese. Unha actividade que está a despertar unha grande expectación entre os máis diversos grupos de poboación.
En definitiva, as principais aspiracións de Ortegalia pasan por contribuír a que a nosa comarca se convirta nun
referente turístico e cultural a nivel galego.
Subir