Teatro da Beneficencia
Programación |
Interior do Teatro da Beneficencia.
Concerto no Teatro da Beneficencia.
O Teatro da Beneficencia, de xestión municipal, foi construído no ano 1850 baixo os criterios do estilo
romántico. O inmoble reformouse no ano 1992, adaptándose aos requisitos que deben reunir na actualidade este tipo de instalacións.
As
asociacións culturais, así como outro tipo de entidades, poden desenvolver as súas actividades no Teatro da Beneficencia, tras obter a correspondente autorización municipal.
O impreso de
solicitude debe entregarse, correctamente cumplimentado, nas dependencias municipais.
Programación
No recinto desenvólvese ao longo do ano unha programación cultural moi variada, na que predominan a
música -clasica, moderna e jazz-, o
teatro, a proxección de
filmes e outros espectáculos como os de
monicreques. Isto é posible grazas aos convenios asinados coa Deputación da Coruña e co Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais -IGAEM-, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Subir