Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

    Concellaría de Emprego e Medio Ambiente

    O seu titular é Adolfo Maragoto Vieites.

    Ten como principal labor o facilitar a inserción laboral das persoas en situación de desemprego da localidade incidindo especialmente nos colectivos con especiais dificultades (novas, mulleres e maiores de 45 anos).

    Para iso, desenvolve accións de formación, destinadas a mellorar a cualificación dos veciños e veciñas que buscan traballo,proxectos mixtos de formación- empregoe ofrece orientación laboral.

    Ademais, co ánimo de fomentar o tecido empresarial de Ortigueira, creando así novas oportunidades laboráis, o departamento asesora aos emprendedores locais e ofrece información ás pemes acerca das liñas de axuda existentes para a mellora dos seus negocios.

    En paralelo, a concellaría asume as competencias de conservación do rico patrimonio natural do municipio- activo para o progreso socioeconómico da comarca- e en materia de sensibilización ambiental. O reto, velar polo desenvolvemento sostible da localidade.





    © CONCELLO DE ORTIGUEIRA