Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

    Concellaría de Benestar Social e Sanidade

    Trátase da área prioritaria da acción de goberno de Ortigueira. A concellaría está orientada a facilitar o día a día dos veciños e veciñas do municipio, a través das súas distintas iniciativas e servizos, dirixidos tanto ao conxunto dos cidadáns como a sectores de poboación e/ou resolver problemáticas específicas.

    Benestar Social ofrece unha atención primaria a través dun completo equipo de profesionais. Ademais, desenvolve toda unha serie de medidas de apoio ás familias e aos menores; de prevención e atención da dependencia e de fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. E oferta un programa de actividades sociocomunitarias para favorecer a inclusión social nas parroquias.

    Finalmente, as competencias da concellaría esténdense na presente lexislatura ao ámbito da saúde. Neste eído, o empeño é garantir unha sanidade pública próxima e de calidade e promocionar entre a poboación hábitos saudables. En definitiva, un departamento concibido por e para axudar ao cidadán e mellorar a súa calidade de vida.





    © CONCELLO DE ORTIGUEIRA