Ayuntamiento de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Agenda

atras 2007 adiante
enerofebreromarzoabrilmayojunio
julioagostoseptiembreoctubrenoviembrediciembre


marzo 2007


Escola de música

VII Premio de Novos Intérpretes

[01/03/2007 20:00] A audición para a selección dos aspirantes ó VII Premio de Novos Intérpretes celebrarase na segunda quincena de xuño.


Escola de música

Mostra de Instrumentos.

[01/03/2007 20:23] Continuando coas mostras que se fixeron outros anos, este é o mes elexido polos profesores, para amosarlles aos máis pequenos os instrumentos que se dan na propia Escola, e nos que se poderán apuntar máis adiante.

Durante o mes de marzo os profesores da Escola de Música ademáis de sesenvolver as súas actividades diarias, dedicaranse coma outros anos a amosarlles ós máis pequenos todolos instrumentos que se imparten no Centro e nos que se poderán apuntar máis adiante. Esta é unha actividade que os nenos reciben moi ben, xa que non so escoitan ós mestres si no que tamén "interpretan" os instrumentos que se recopila ron para a mostra.

Cultura y Deporte

I Open de dominó "Concello de Ortigueira"

[06/03/2007 10:45] La Concejalía de Cultura organiza durante toda la jornada en las instalaciones de la Sociedad Nuevo Club, en el Cantón, el primer campeonato local de dominó.


Actividades Económicas y Sociales

Charla sobre o alzheimer

[06/03/2007 18:00] Milagros Prieto, presidenta de FAGAL e AFAL Ferrolterra, e Araceli Prieto psicóloga da unidade terapéutica da asociación de familiares de enfermos de alzheimer falarán no Centro Social de San Adrián desta doenza e do seu impacto nas familias. Esta actividade ´conmemora o Día Internacional da Muller Traballadora.


Cultura y Deporte

Conferencia de Bernardo Penabade

[08/03/2007 20:00] O historiador presentará, dentro das IV Xornadas de investigación sobre o patrimonio do Ortegal, que organiza a Fundación Ortegalia no museo homónimo, a ponencia: "Os topónimos da comarca do Ortegal: a serra Faladoira". O ciclo conta co apoio da Deputación da Coruña.


Cultura y Deporte

Concerto de "Rubato de vento"

[10/03/2007 20:30] O quinteto, clasificado en segundo lugar, no VI Ciclo de Novos Intérpretes Concello de Ortigueira presenta a súa música no Teatro de Beneficiencia.


Actividades Económicas y Sociales

Presentación de "Ortigueira, a comarca secreta"

[15/03/2007 20:00] Presentación aos veciños no Teatro de Beneficencia do vídeo promocional deseñado no marco do Plan de Comunicación turística do Ortegal, promovido pola Fundación de Desenvolvemento Comarcal.


Cultura y Deporte

Conferencia do cronista oficial do Concello de Viveiro

[16/03/2007 20:00] Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro, presenta, dentro das IV Xornadas de investigación sobre o patrimonio do Ortegal, que organiza a Fundación Ortegalia no museo homónimo, a ponencia: "O patrimonio galego na idade contemporánea: a vila de Viviero e as súas relacións con Ortigueira". O ciclo conta co apoio económico da Deputación da Coruña.


Actividades Económicas y Sociales

Conferencia sobre patrimonio

[23/03/2007 20:00] Felipe Senén, técnico de xestión cultural da Deputación da Coruña, analizará dentro das IV Xornadas de investigación sobre o patrimonio do Ortegal, que organiza a Fundación Ortegalia no museo homónimo, o patrimonio cultural como recurso de identidade e turismo, dende a perspectiva de Ortigueira. O ciclo conta co apoio da Deputación da Coruña.


Actividades Económicas y Sociales

Teatro: Trufaldino, servidor de dous amos

[24/03/2007 20:30] A Compañía da Aula de teatro da Universidade de Santiago de Compostela trae ao Teatro de Beneficencia esta montaxe, en clave de comedia.


Cultura y Deporte

Ruta guiada ata o santuario da Virxe de Portas

[25/03/2007 09:30] A Concellería de Turismo e a empresa Roteiros programan un percorrido a pé ata o santuario da Virxe de Portas (Devesos), coincidindo coa celebración da tradicional romaría.

A saída farase en vehículo municipal dende a Oficina de Turismo de Ortigueira- a ruta a pé comezará no lugar do Castro- e a volta está fixada para as 14:00 horas. A actividade será de balde.

Cultura y Deporte

Curso de iniciación al judo

[27/03/2007 10:00] Nueva jornada monográfica de la campaña de iniciación al judo, promovida por la Concejalía de Deportes para introducir a los vecinos y vecinas en disciplinas deportivas poco habituales.


Actividades Económicas y Sociales

Conferencia: "A muller no deporte"

[27/03/2007 10:30] A campiona de España de bici de montaña, Eva Castro, falará no instituto aos alumnos de 1º e 2º de ESO da presenza da muller no deporte, e da necesidade de reivindicar una maior consideración social para o deporte feminino. A charla está organizada porlo CIM, dependente da Concellería de Servizos Sociais.


Agenda Institucional

Presentación de automóbiles da Policía Local

[30/03/2007 12:00] O alcalde de Ortigueira, Antonio Campo, presenta os novos vehículos da Policía Local. On modernos coches incorporan o último en equipamentos policiais e unha novidosa rotulación, única en Galicia.


Escola de música

Festival dos nenos da Escola de Música.

[30/03/2007 17:30] O vindeiro venres, 30 de marzo as 17,30 horas.

A finais deste mes terá lugar o festival da Escola de Música no que participarán a meirande parte dos nenos matriculadas na Escola. O acto será o próximo venres 30 de marzo no Teatro de Beneficencia ás 18,00 horas, e entreoutros haberá actuacións de tódolos instrumentos e dos grupos que crearon para a ocasión.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA