Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Agenda

atras 2005 adiante
xaneirofebreiromarzoabrilmaioxuño
xulloagostosetembrooutubronovembrodecembro


abril 2005


Escola de música

I Curso de Música

[01/04/2005 20:00] O presente mes de abril, a nosa escola celebrará o I Curso de Música, o cal será impartido por diferentes agrupacións musicais. Cada fin de semana estará adicado a unha especialidade musical.

Comenzaremos co quinteto de metais "Gallaecia", ós que seguirán os saxofóns do Conservatorio Superior de A Coruña, ó fin de semana seguinte estarán con nós o cuarteto de clarinetes "Stadler", e poñerá fin ó curso Daniel Bellón na especialidade de gaita. Todas estas agrupacións ofrecerán un concerto no Teatro de Beneficencia os sábados a partir das 20,00 horas, ós cales invitámosvos a participar.

Fromación e Promoción

Preescolar na Casa en Espasante

[07/04/2005 11:00] O xoves 7 de abril terá lugar unha nova xuntanza do programa Preescolar na casa no Centro Social de Espasante. Será de 11:00 a 13:00 horas.


Escola de música

Convocatoria da praza de director da Banda de Música

[07/04/2005 19:40] O día 7 de abril finaliza o prazo de presentación de instancias para optar ao posto de director da Banda de Música de Ortigueira.

- Bases completas da convocatoria

Fromación e Promoción

Preescolar na Casa en Ortigueira

[13/04/2005 11:00] O mércores 13 de abril terá lugar unha nova xuntanza do programa Preescolar na casa no Centro Social de Ortigueira. Será de 11:00 a 13:00 horas.


Fromación e Promoción

Preescolar na Casa en Espasante

[21/04/2005 11:00] O xoves 21 de abril terá lugar unha nova xuntanza do programa Preescolar na casa no Centro Social de Espasante. Será de 11:00 a 13:00 horas.


Escola de música

Mostra de intrumentos a cargo dos profesores da Escola: Guitarra.

[21/04/2005 16:30] Mostra de instrumentos para os máis pequenos. Hoxe guitarra.


Cultura e Deporte

Xornada de lectura adicada ó Quixote na Biblioteca Municipal

[22/04/2005 10:00] A Biblioteca Municipal de Ortigueira "Juan Fernández Latorre" promove varios actos para conmemora-lo IV Centenario da primeira publicación da obra culmen de Miguel de Cervantes "El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha".

Pola maña haberá unha lectura de textos do Quixote por parte dos mozos e os nenos do municipio. En primeiro lugar adicaranse a esta tarefa os rapaces do instituto, entre as 10:00 e as 12:00 horas.

Acto seguido collerán o relevo os nenos do CEIP José María Lage, que lerán fragmentos do Quixote ata as 14:00. A directora da biblioteca, María José Vilasánchez, sinala que mentres os maiores recitarán pasaxes do Quixote auténtico, os nenos lerán unha versión adaptada da obra, máis acorde coa súa idade temperá.

Os adultos terán a súa oportunidade para achegarse a Cervantes pola tarde. A Concelleira de Educación, Susana Gómez Mourelle, abrirá a sesión ás 16:30 e poñeralle o peche o alcalde de Ortigueira, Antonio Campo, ó redor das 19:30 horas. A este acto están invitados tódolos veciños do municipio, así como os distintos alcaldes de barrio, e quen o desexe poderá recitar algún fragmento.

Escola de música

Mostra dos instrumentos a cargo dos profesores da Escola: gaita.

[22/04/2005 16:30] Mostra de instrumentos para os máis pequenos. Hoxe gaita.


Axenda Institucional

Presentación da nova web municipal

[22/04/2005 20:00] O alcalde de Ortigueira, Antonio Campo presenta aos veciños a partir das 20:00 horas no Teatro da Beneficencia a anovada web do concello. Unha páxina concebida como unha ferramenta de comunicación veciñal e de promoción turística do municipio.

Coa posta en marcha desta web, máis moderna e operativa que a anterior, o goberno local reforza a súa aposta polas novas tecnoloxías como método óptimo para a difusión de información municipal, un dereito veciñal. Trátase, neste sentido, de achegar aos ortegáns os servizos e recursos do concello de maneira clara e organizada.

Servirá ademais, xunto á do Festival Ortigueira, para presentar ao mundo os principais atractivos que, en materia natural e de lecer ofrece o municipio ao visitante.

O rexedor oficiará de anfitrión no acto no que se fará un percorrido polo páxina, deseñada nos últimos meses pola empresa Acordar.

Cultura e Deporte

OFRENDA F-- LORAL Ó SARXENTO MAIOR DE ORTIGUEIRA-VIVEIRO, BARTO-- LOMÉ PARDO DE CELA

[23/04/2005 12:30] No claustro do Concello, terá lugar unha ofrenda floral ó Sarxento Maior de Ortigueira-Viveiro, a cargo dos Cabaleiros da Orde de María Pita.

Bartolomé Pardo de Cela, Sarxento Maior de Ortigueira-Viveiro tivo unha grande importancia na loita que enfrentaron ós ingleses e os españois na Batalla de María Pita, onde participaron arredor de medio millar de orteganos capitaneados polo Sarxento homenaxeado, e que xunto coa súa esposa está soterrado no Claustro do Concello de Ortigueira.
Este acto realizarase no Claustro do Concello.

Cultura e Deporte

Conferencia a cargo de Don Luís Gorrochategui

[23/04/2005 18:30] "La guerra de la Sirena. La Nueva perspectiva de María Pita"

Dentro dos actos que se celebran con motivo da visita a Ortigueira dos Cabaleiros de María Pita, organizase unha conferencia onde se relatarán cuestións de interés sobre María Pita.
No Teatro da Beneficencia

Escola de música

CONCERTO DO I CURSO DE MÚSICA DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA "CONCEL-- LO DE ORTIGUEIRA"

[23/04/2005 20:30] Concerto do cuarteto de Clarinetes "STADLER"

Dentro do primeiro curso de música que está a organizar a Escola Municipal de Música "Concello de Ortigueira" ofrecenos esta fin de semana o concerto do Cuarteto de Clarinetes STADLER.
No Teatro da Beneficencia.

Fromación e Promoción

Preescolar na Casa en Ortigueira

[27/04/2005 11:00] O mércores 27 de abril terá lugar unha nova xuntanza do programa Preescolar na casa no Centro Social de Ortigueira. Será de 11:00 a 13:00 horas.


Escola de música

Mostra de intrumentos a cargo dos profesores da Escola: Piano.

[29/04/2005 16:30] Mostra de intrumentos a cargo dos profesores da Escola: hoxe piano.


Escola de música

CONCERTO DO I CURSO DE MÚSICA DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA "CONCEL-- LO DE ORTIGUEIRA"

[30/04/2005 20:30] Concerto de gaita a cargo de Daniel Bellón.

Dentro do primeiro curso de música que está a organizar a Escola Municipal de Música "Concello de Ortigueira" ofrecenos esta fin de semana o concerto de gaita a cargo Daniel Bellón.
No Teatro da Beneficencia.

Cultura e Deporte

CONCERTO DO I CURSO DE MÚSICA DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA "CONCEL-- LO DE ORTIGUEIRA"

[30/04/2005 20:30] Concerto de Daniel Bellón Solista de Gaita
Grupo Folk Arbosa

Para rematar este Primeiro Curso de Música da Escola de Música "Concello de Ortigueira" o derradeiro mestre é o gran solista de gaita DANIEL BELLÓN que ofrecera un concerto.
A continuación o grupo folk ARBOSA, coa colaboración da Banda de Gaitas de Ladrido e dos alumnos da Escola de Música "Concello de Ortigueira" xuntarán preto de 30 compoñentes para amosarnos unha forma fresca de interpretar a música tradicional galega e pezas de elaboración propia.
Todo isto no Teatro da Beneficencia.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA